Cultura

Cultura

- 2019 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
4
5
6
7
8
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

O FIOT acolle a estrea da comedia dramática de Pablo Remón

Sábado 27 de outubro do 2018 20:30 horas - Pazo da Cultura

A compañía madrileña La Abducción e Buxman Producciones viaxará ata o FIOT para presentar en exclusiva a estrea en Galicia do seu último traballo El Tratamiento, unha orixinal e deliciosa comedia con máis de vinte personaxes, cos que pasaremos da gargallada ao suspense, entrelazando ficción e realidade, presente e pasado, recordo e memoria.

O seu autor e director, Pablo Remón, considerado como unha das voces máis interesantes da nosa escena, cronstrúe unha grande historia para falar da importancia de aproveitar o momento ou do camiño que hai entre o que somos e o que queriamos ter sido, reflexionando sobre cal é o sentido que ten para calquera de nós seguir contando historias. Unha obra fascinante que non deberías perder!

Sinopse:
Un cineasta frustrado, tras moitos anos dando tombos, por fin vai estrear a súa primeira película, unha longametraxe sobre a Guerra Civil con Ovnis. No caótico esplendor do mundo do cine colaranse un mozo que imita as letras do grupo Héroes del Silencio, unha carta de amor desde o mar Exeo, unha adolescente que visita Eurodisney, unha clase de escritura creativa, produtores ao borde dun ataque de nervios... 


Intérpretes: Ana Alonso, Francesco Carril, Aura Garrido, Francisco Reyes e Emilio Tomé Iluminación: David Benito Deseño de son: Sandra Vicente_Studio 340 Escenografía: Monica Boromello Vestiario: Ana López Axudante de dirección: Raquel Alarcón Texto e dirección: Pablo Remón

Público: Recomendada a partir de 13 anos
Entrada: 12 €
Duración: 90 min.

Programación FIOT27

Compartir: