Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Volve o Teatro de rúa con Cair Circo

Sábado 6 de outubro do 2018 20:00 - Praza do Concello

Se a pasada fin de semana o pasaches en grande coa familia vendo a La Trócola Cir, prepárate para unha nova sesión de humor, malabares, acrobacias e moitas sorpresas máis coa compañía Cair Circo (Pais Vasco e Galicia), catro artistas con catro obxectivos: técnica, virtuosismo, investigación e humor. 

Erori é un espectáculo de circo e clown con acrobacias e coreografías excéntricas, continuos golpes e caídas caóticas que contrastan cos números de danza e malabares. A emoción e o riesgo súmanse ao humor para dar vida ás máis aloucadas rutinas circenses nas que sempre están presentes as situacións máis absurdas, sinxelas e universais. E todo 

Sinopse: Catro personaxes aparecen en escena, non falan, están á espera, sorpréndense ao verse pero coñécense de toda la vida.  usan o humor para ridiculizarse, danzan con pisotóns e perséguense arriscando as súas vidas por un maletín, sen coñecer o seu contido. Unha oportunidade única para rir e desfrutar en familia dunha nova sesión de Teatro de rúa.


Intérpretes: Alejandro Costas, Ariñe Azkue, Santiago Montero e Óscar Páez Música orixinal: Pablo Prego Iluminación: Xacobo Castro Escenografía: José Perozo Dirección: Natalia Outeiro

Público: Todos os públicos
Entrada: De balde
Duración: 50 min.
En caso de choiva, a actuación trasladarase ao 2 andar do Mercado Municipal.

Programación FIOT 18

Compartir: