Cultura

Cultura

- 2020 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

"Future Lovers", primeira estrea do FIOT

Domingo 7 de outubro do 2018 20:30 horas - Pazo da Cultura

"A xente maior cre en todo. Os adultos sospeitan de todo: pero os mozos sábeno todo". Esta frase de Óscar Wilde ábrenos unha ventá á vida dos mozos e mozas do novo século. Escoitándoos falar obteremos o máis sincero retrato sobre a xeración dos millenials, á que pertencen os intérpretes non profesionais cos que a innovadora e arriscada compañía madrileña La Tristura, considerada unha das máis interesantes do teatro contemporáneo español da última década, creou Future lovers, un fermoso espectáculo entre a realidade e a ficción, contundente e próximo ao público, que se estreará  para toda Galicia dentro da programación de sala do FIOT. 

É unha noite de verán ás aforas dunha cidade, na que un grupo de amigos, quizais no paso do instituto á universidade, quedou alí para bailar, beber, falar, bicarse... 

Intérpretes: Pablo Díaz, Manuel Egozkue, Gonzalo Herrero, Itziar Manero, Siro Ouro e Sara Toledo. Vestiario: Pedro Lobo Escenografía: Ana Muñiz Espazo sonoro: Eduardo Castro Deseño de iluminación: Carlos Marquerie Asesoría artística: Marcos Morau Dirección técnica: Roberto Baldinelli Asesoría escénica e dramatúrxica: Itsaso Arana e Violeta Gil Creación: Celso Giménez

Público: Todos os públicos
Entrada:
8 €
Duración: 90 Min

Programación FIOT 18



Compartir: