Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Exposición do 13º Premio de Creación Fotográfica Luis Ksado

Do martes 11 de setembro ata o martes 2 de outubro do 2018 17.00 a 21.00 horas - Pazo da Cultura

O Premio Luis Ksado, promovido pola Deputación Provincial da Coruña, non só é un premio de fotografía. A proposta vai máis alá, xa que supón unha aposta pola fotografía máis próxima, o documentalismo, o foto-xornalismo... En definitiva, por unha serie de imaxes que contan unha historia e amosan a capacidade narrativa e de comunicación da linguaxe fotográfica. Despois de 13 edicións, estamos ante un dos certames de referencia no eido da fotografía, e nas vindeiras semanas teremos a oportunidade de deleitarnos coas imaxes seleccionadas en Carballo.

Desde o 11 de setembro ata o 2 de outubro poderemos desfrutar no 3º andar do Pazo da Cultura de Mascaritas, o entroido solitario, de Xoán Crespo, autor galardoado nesta 13ª edición por unha colección que na que ofrece unha visión moi particular e orixinal do entroido galego. A súa obra foi escollida entre as 95 coleccións presentadas, o que reflicte o prestixio do premio.

Compartir: