Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

A película "100 anos de perdón", inaugura as Noites de Cine de agosto

Mércores 1 de agosto do 2018 22:00 horas - Xardín Municipal

Acción e suspense son os ingredientes principais da sesión cinematográfica coa que se abrirán as proxeccións do mes de agosto que, ao igual que en xullo, percorrerán as diferentes parroquias do municipio para gozar da sétima arte ao aire libre durante todo o verán.
 
"100 años de perdón" é unha co-produción hispano-arxentina con dúas nominacións aos Premios Goya e un reparto de luxo. O elenco de actores está encabezado por grandes figuras do cine español como Luís Tosar, José Coronado, Raúl Arévalo ou Patricia Vico, entre outros/as.


Sinopse
: Un grupo de ladróns liderados por El Uruguayo (Rogrigo de la Serna) disponse a roubar un banco en Valencia. O seu obxectivo é acadar o maior número de caixas de seguridade posibles e fuxir a través dun túnel excavado que comunica directamente cunha estación de metro abandonada.
Se queredes coñecer o desenlace, agardámosvos mañá día 1 no Xardín Municipal. Non esquezades traer os flocos de millo!

Clasificación: + 12 anos
Duración: 96'
Organiza: Concellería de Cultura
Colabora: Deputación da Coruña

Compartir: