Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Música, teatro, comedia e habilidades circenses no espectáculo The Chipolatas

Domingo 24 de xuño do 2018 Ás 18:00 horas - Praza do Concello

A Praza do Concello de Carballo acollerá na tarde do 24 de xuño o único espectáculo de performance que a compañía británica The Chipolatas ofrecerá este ano en España. Teatro, música, ritmo, comedia e números circenses forman parte do show que ofrecerán os seus integrantes, tres clowns dispostos a meterse ao público no peto grazas ao seu talento e profesionalidade.

No seu espectáculo apostan por implicar ao público facendo todo o posible por agradar, atraer e involucrar aos asistentes nas súas actuacións. Ademais de tocar diferentes instrumentos, tamén cantan e fan incribles malabares cos que logran arrincar os aplausos e as risas de todos os espectadores sen excepción. Valo perder?

Compartir: