Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

A IX Primavera en Ruta chega aos "Ríos de Sofán"

Domingo 3 de xuño do 2018 09.15 horas - Saída da rúa Venezuela

Se che gusta camiñar e perderte pola natureza, estás de sorte. Esta fin de semana, a asociación ambiental Senda Nova pon en marcha un novo roteiro interpretativo incluído na 9ª edición de Primavera en Ruta. Os/as participantes realizarán un percorrido de 22 quilómetros pola parroquia carballesa de Sofán para coñecer non só a historia de dous dos seus principais ríos, o Bardoso e o Carral, senón tamén para descubrir castros, igrexas, muíños e ata algúns dos lugares máis elevados da ruta como A Prearada.

Se estás pensando en participar, anímate porque aínda estás a tempo. As inscricións poderán realizarse na base de Protección Civil de Carballo ata mañá día 1, en horario de 09:30 a 13:30 horas. Para máis información, chama ao 611 037 617. Os/as interesados/as poderán achegarse ata o inicio do roteiro en autobús. A saída realizarase ás 09:15 da rúa Venezuela.

Participación: Público en xeral
Organiza: Asoc. ambiental Senda Nova
Colabora: Concellería de Cultura

Compartir: