Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Concerto de clausura do Rexenera Fest

Sábado 2 de xuño do 2018 Ás 20:00 horas - Exteriores Forum Carballo

No Festival Internacional de Arte Pública de Carballo non so hai lugar para a pintura, as conferencias, os seminarios ou as masterclasses. Na noite do sábado 2, tamén soará a música e farao por todo o alto con algunhas das mellores bandas do momento.

Os exteriores do Forum Carballo, concretamente xunto ao mural de Aryz, servirán de escenario para celebrar a festa de clausura do Rexenera Fest cun concerto na que atuarán en directo grupos como The Fabulous Resaca Brothers, CRO! e MR. FISHMAN (Dj Set). Blues eléctrico, música instrumental, improvisación e ata un home-peixe cargado de ritmos enérxicos e moi bailables deixarán bo sabor de boca entre os espectadores e porán o broche de ouro a unha edición que toca xa ao seu fin. Toma boa nota da cita e achégate a gozar dun espectáculo de balde e ao aire libre rodeado de arte en estado puro e bo ambiente.

Todos os detalles do concerto en https://www.rexenerafest.gal/concertos/

Compartir: