Cultura

Cultura

- 2019 +
- Agosto +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
2
3
4
5
7
9
10
11
14
15
17
18
19
20
24
25
26
28
29
30
31
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Seminario sobre arte urbana con Javier Abarca

Do xoves 31 de maio ata o venres 1 de xuño do 2018 De 17:30 a 21:00 h - Auditorio Forum

É a arte urbana un fenómeno recente? Como evolucionou ata agora? Qué cualidades a distinguen? No Rexenera Fest 2018 temos resposta para esta e outras moitas preguntas. Será durante o seminario Entender a arte urbana, impartido por Javier Abarca, artista, investigador e docente especializado en graffiti e arte urbana, que chega a Carballo disposto a amosarnos as claves para entender esta arte no seu conxunto e coñecer algo máis da súa evolución, dende os seus comezos en 1960.

Abarca é unha das figuras principais da primeira xeración do graffiti español e fundador da web Urbanario, en 2008. Recoñecido especialista na escena internacional, é habitual en congresos e festivais europeos e os seus textos forman parte xa da literatura especializada, o que o converten nunha das voces máis autorizadas sobre a materia. Un privilexio contar coa súa presenza en Carballo!

A entrada será libre e de balde ata completar o aforo dispoñible. Máis info sobre o autor e os contidos do seminario en  https://www.rexenerafest.gal

Compartir: