Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Obradoiro infantil dedicado a María Victoria Moreno

Martes 15 de maio do 2018 18:00 horas - Biblioteca Rego da Balsa

Achégase o Día das Letras Galegas e o Concello de Carballo quere celebralo cos/as máis pequenos/as da casa. Enrique Mauricio Iglesias e Carlos Taboada ou, o que é o mesmo, Polo Correo do Vento, serán os encargados de realizar un divertidísimo obradoiro creativo, dirixido a nenos/as a partir de 3 anos,  dedicado á homenaxeada coas Letras Galegas 2018.

"María Victoria Moreno, unha historia de amor", ofrecerá a posibilidade de achegarse á vida e obra desta escritora de literatura infantil e xuvenil en lingua galega, falecida en 2005.

Reserva xa a túa praza chamando ao 981 758 580 ou en biblioteca@carballo.gal.

Participación: Nenos e nenas a partir de 3 anos
Entrada: Libre e de balde. Inscrición previa
Organiza: Concellería de Cultura

Compartir: