Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Ibuprofeno Teatro chega a Carballo coa obra Casa O Rei

Venres 23 de marzo do 2018 21.00 h - Pazo da Cultura

Manolo Rei prepara un cocido e reúne á familia. A comida sempre é unha escusa para repartir a casa entre as súas tres fillas. Pero a familia sáelle chea de traizón e desprezo, intragable polo amargor. O tempo, o destino e o Burger King son implacables coa sorte dos mortais que non saben seleccionar os ingredientes axeitados para elaborar as receitas da súa vida.

Ibuprofeno completa con Casa O Rei a súa triloxía gastronómica, xunto con O Furancho e Raclette. Santiago Cortegoso propón un xogo dramatúrxico a partir do Rei Lear de Shakespeare, ambientado nunha típica casa de comidas galega.

Intérpretes: Miguel Borines, Victoria Teijeiro, Marián Bañobre, Teté García, Víctor Mosqueira e Xosé M. Esperante / Deseño de escenografía: Pablo Giráldez “Pastor” / Banda sonora: Caxade / Deseño de iluminación: Salvador Del Río / Vestiario: Marián Bañobre / Dirección e autoría: Santiago Cortegoso.

Duración: 1h 30min
Público: Adulto
Entrada: 5€/3,5€

Espectáculo dos Venres Culturais. Organiza: Concellaría de Cultura.
Rede Galega de Teatros e Auditorios

Compartir: