Inicio Áreas Educación Conservatorio Novas Aberto o prazo de preinscrición...

DESCARGA AQUÍ O IMPRESO DE SOLICITUDE DE PRAZA

Aberto o prazo de preinscrición para os cursos de Iniciación Musical

A actividade vai dirixida a nenos e nenas de 1º e 2º cursos de Educación Primaria

Luns 24 de maio do 2021

Un ano máis, o Concello de Carballo e o Conservatorio Profesional de Música promoven a formación musical entre a rapazada a través do curso de Iniciación Musical. Ademais de achegar aos máis cativos á música e ao descubrimento das familias instrumentais, con esta iniciativa intentamos que cando poidan acceder aos estudos musicais oficiais teñan unha pequena base musical e un coñecemento das distintas ferramentas musicais que lles faciliten a elección do instrumento que poidan estudar.

A esta convocatoria poderán concorrer todos aqueles rapaces e rapazas de 1º e 2º curso de Educación Primaria que desexen iniciarse no mundo da música. O curso terá un límite de 30 prazas, divididas en 2 niveis, de seis e sete anos, que se adxudicarán por orde de rexistro, con prioridade para os/as empadroados/as en Carballo.

Para preinscribirse nesta convocatoria os/as interesados/as terán un prazo que irá do 24 ao 28 de maio (ambos os dous días incluídos) e deberán facelo a través dunha solicitude que poderá recollerse nas Oficinas de Cultura (situadas no 1º andar do Pazo da Cultura) ou descargala da páxina web do Concello de Carballo www.carballo.gal. Nesta instancia, xa se aclara a documentación que se deberá achegar con ela así como o lugar para presentala (rexistros de entrada do Concello de Carballo, con cita previa, e rexistro telemático).

O día 2 de xuño publicarase a listaxe de admitidos/as, que poderán formalizar a matrícula entre o 29 de xuño e o 15 de xullo entregando por rexistro de entrada o impreso de matrícula unha vez teñan liquidadas a taxas correspondentes.

Para calquera consulta poden dirixirse ao poñerse en contacto coa Concellaría de Cultura (Oficinas de Cultura-Conservatorio) no teléfono 981 704 300 ou no enderezo electrónico culturacarballo@carballo.gal

Descargas

Compartir: