O CMUS substitúe o acto de presentación do curso por sesións informativas con grupos reducidos de alumnado e familias
Toma nota das próximas datas que non debes deixar pasar
Sábado 19 de setembro do 2020
O Conservatorio Profesional de Música (CMUS) de Carballo está en ebulición, preparando o comezo dun curso atípico por mor da COVID-10. Entre as medidas adoptadas figura a redución da oferta de Iniciación Musical só ao 2º curso. Precisamente, unha vez realizadas as matrículas dos nenos e nenas que cursaron 1º o ano pasado, este luns 21 remata o prazo de preinscrición para as prazas vacantes.
Outro dos cambios obrigados pola situación sanitaria é a supresión do acto de presentación do curso, que tradicionalmente reunía no auditorio do Pazo da Cultura aos 200 alumnos e alumnas dos CMUS e a moitas familias. Debido á imposibilidade de manter ese formato, este ano celebraranse sesións informativas por grupos, para un máximo de 45 persoas, segundo o calendario que podes descargar máis abaixo.
Hai outras datas que non debes deixar pasar:
- O 22 de setembro remata o prazo de matrícula para o alumnado de 1º de grao elemental.
- O día 25 publicaranse as listaxes de alumnado por curso.
- Os días 29 e 30 realizarase a elección de instrumento conforme a este calendario.
- O 5 de outubro comezarán as clases. Podes consultar os horarios das materias colectivas aquí.