Inicio Áreas Educación Conservatorio Novas Aberto ata o 10 de xuño o prazo...

Aberto ata o 10 de xuño o prazo de matrícula para as probas de acceso a 1º curso dos graos elemental e profesional do CMUS

Nesta nova atoparás as instrucións para realizar o trámite

Mércores 3 de xuño do 2020

Ata o 10 de xuño está aberto o prazo de matrícula para as probas de acceso ao 1º curso dos graos elemental e profesional no Conservatorio Profesional de Música de Carballo. 

Segundo o establecido pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, a proba de acceso ao primeiro curso do grao profesional desenvolveranse a través da modalidade non presencial, agás naquelas especialidades nas que non sexa posible pola especificidade da mesma. Só no caso de que haxa máis inscritos que prazas ofertadas se deberá realizar a proba con carácter presencial por chamamento único a cada aspirante.

Tamén hai novidades con respecto ao procedemento de matrícula, como che contamos a continuación.

Matricúlate en 4 pasos

  1. O impreso non pode descargarse dende a web do Concello, senón que os interesados en realizar a matrícula deben poñerse en contacto coa Concellaría de Cultura no enderezo electrónico culturacarballo@carballo.gal ou de 10.00 h a 11.30 h no teléfono 981704300 (2 - Servizos Administrativos) para solicitar o envio do impreso de matrícula e pago de taxas. A documentación remitirase por correo electrónico a cada unha das persoas interesadas.
  2. Os impresos están numerados, polo que non poderán fotocopiarse nin reenviarse, xa que non serían válidos.
  3. Despois de cumplimentar o impreso deberá realizarse o pago de taxas nas oficinas bancarias ou mediante a pasarela de pagos de Abanca, á que se pode acceder dende www.carballo.gal (Centro de Atención Cidadá - outros servizos - pago de tributos municipais online - https://epasarela.abanca.com/wpgs012/wpgs012m_pagorecibosdefault.aspx?emisora=150198&idioma=G
    • emisora: 150198
    • marcar o check Autoliquidación
    • cubrir o xustificante: 0756xxxxxxxxx
    • data
    • importe
    • dato específico: aquí pode poñerse, por exemplo, 1º elemental, 2º profesional, proba acceso...
    • expediente: non é necesario cubrilo
  4. E imprescindible que, unha vez pagadas as taxas, se presente no Rexistro Municipal o impreso de matrícula e o xustificante bancario do pago. Poden facelo de forma non presencial mediante a Sede Electrónica ou Rexistro Electrónico (www.carbarballo.gal - Centro de Atención Cidadá) ou presencialmente no Rexistro Xeral da planta baixa do Concello previa cita no 981704100.

O calendario completo do mes xuño, o formato das probas de acceso, a composición dos tribunais das probas de acceso e a oferta de prazas vacantes nos graos elemental e profesional figuran no documento axunto.

Descargas

Compartir: