AS PROBAS SERÁN O XOVES 6 DE SETEMBRO

Consulta aquí a composición dos tribunais e alumnado matriculado para as probas de acceso ao CMUS

Nesa mesma data serán adxudicadas as 10 prazas vacantes en 1º de Grao Elemental

Martes 4 de setembro do 2018

No documento adxunto figura a composición dos tribunais para as probas de acceso ao Conservatorio Municipal de Música de Carballo (CMUS), que se celebrarán o xoves 6 de setembro ás 17 horas para todos os cursos agás 1º. Tamén pode consultarse a relación de alumnos/as matriculados/as para as citadas probas.

ALUMNADO EN LISTA DE AGARDA PARA ACCESO A 1º DE GRAO ELEMENTAL

Número de vacantes ofertadas: 10

  • Obóe: 1
  • Trombón: 1
  • Bombardino: 1
  • Violín: 2
  • Viola: 1
  • Trompeta/Fliscorno: 2
  • Trompa: 1
  • Frauta: 1    
Ao alumnado que superou as probas de acceso no mes de xuño e quedou en lista de agarda nalgunha das especialidades que agora se ofrecen adxudicaráselles a praza en función da calificación obtida.

Ao resto do alumnado en lista de agarda para o que non se ofertan prazas na súa especialidade pode adxudicárselle algunha das outras especialidades en función da nota obtida na proba.

O xoves 6 de setembro ás 19.30 h están todos/as convocados/as para a adxudicación das ditas prazas na aula de informática do Pazo da Cultura.

Descargas

Compartir: