CURSO 2018-19
O 6 de setembro celebraranse as probas de acceso ao CMUS para todos os cursos agás 1º
Publicada a oferta de prazas para o curso 2018-19, que empezará o 24 de setembro
Luns 30 de xullo do 2018
O Conservatorio Municipal de Música (CMUS) de Carballo fixo pública hoxe a oferta de prazaspara o curso 2018-19, que é a seguinte:
- Frauta: 1
- Oboe: 1
- Saxofón: 1
- Clarinete: 1
- Percusión: 1
- Trompa: 1
- Trompeta: 1
- Tuba: 1
- Violín: 1
- Viola: 1
- Violoncello: 1
- Contrabaixo: 1
- Acordeón: 1
O curso 2018-19 comezará o 24 de setembro. Ata ese día, as datas das que debe tomar nota o alumnado son as seguintes:
- 28 a 31 de agosto: prazo de matriculación nas probas de acceso
- 3 de setembro: publicación de inscritos nas probas de acceso e celebración do claustro de inicio de curso (17.00h).
- 4 e 5 de setembro: publicación das prazas vacantes
- 5 de setembro: exames extraordinarios de setembro (17.00h)
- 6 de setembro: probas de acceso (17.00h)
- do 7 a 14 de setembro: matriculación do alumnado
- 18 de setembro: publicación das listaxes de alumnos/as por curso
- 19 de setembro: publicación dos horarios das clases colectivas
- 20 de setembro: presentación do curso 2018-19
- 20 e 21 de setembro: elección dos horarios individuais