Inicio Áreas Educación Conservatorio Novas Aberto ata o día 16 o prazo de...

TOMA NOTA DAS DATAS PARA O ACCESO EN SETEMBRO

Aberto ata o día 16 o prazo de matrícula para o alumnado do CMUS que aprobou en xuño

Ata o mesmo día pode realizarse a preinscrición para o curso de Iniciación Musical

Venres 6 de xullo do 2018

Se o vindeiro curso queres estudar no Conservatorio Municipal de Música (CMUS) de Carballo toma boa nota das seguintes datas.

  • 16 de xullo: último día de matrícula para o alumnado que superou o curso en xuño e peche do prazo de preinscrición para o curso de Iniciación Musical, destinado a nenos e nenas de 1º e 2º cursos de Primaria que queiran iniciarse no mundo da música. O curso terá un límite de 60 prazas, divididos en 2 grupos, de seis e sete anos, que se adxudicarán por orde de rexistro.
  • 30 de xullo: publicación das prazas para as probas de acceso de setembro.
  • 28 a 31 de agosto: prazo de matriculación nas probas de acceso.
  • 3 setembro: publicación de inscritos nas probas de acceso 
  • 4 setembro: publicación de prazas vacantes en 1º de grao elemental
  • 4-5 setembro: exames de recuperación de materias pendentes.
  • 6 setembro: probas de acceso (para calquera curso agás 1º de elemental e profesional)
  • 7-14 de setembro: matriculación do alumnado que realizou probas de acceso ou exames de recuperación.
  • 18 setembro: publicación das listaxes do alumnado por curso
  • 19 setembro: publicación dos horarios de clases colectivas e do profesorado que imparte esas materias.
  • 20 setembro: presentación do curso 2018/2019
  • 20-21 setembro: elección dos horarios das clases individuais co profesor de cada especialidade.
  • 24 setembro: comezo das clases.
  Para calquera consulta poden dirixirse ao 1º andar do Pazo da Cultura (Oficinas de Cultura-Conservatorio) ou chamar ao  teléfono 981 704 300.

Descargas

Compartir: