Calendario provisional e tribunais das probas de acceso ao Conservatorio Profesional de Música
Os exames celebraranse, en principio, entre o 11 e o 15 de xuño
Luns 4 de xuño do 2018
Claustro do CMUS
Nos documentos adxuntos podes consultar a composición dos tribunais das probas de acceso ao Conservatorio Profesional de Música de Carballo, así coma as datas previstas para a súa celebración, horarios e aulas.
Segundo este calendario provisional, os exames, tanto teóricos coma prácticos, celebraranse entre os días 11 e 15 de xuño.
O día 19 ás 17.00 horas remataría o proceso para os/as novos/as alumnos/as de 1º curso de grao elemental cunha reunion informativa coas familias e a escolla de instrumento.