Inicio Áreas Educación Conservatorio Novas O Conservatorio Profesional de...

O Conservatorio Profesional de Música abrirá o luns 14 o prazo de inscrición para as probas de acceso a grao elemental e medio

Consulta aquí horarios, prazos, normas de acceso e prazas vacantes

Venres 11 de maio do 2018

O Conservatorio Profesional de Música de Carballo está a desenvolver as últimas actividades deste curso ao tempo que empeza a preparar o seguinte. A partir do vindeiro luns, día 14, e ata o 30 deste mes estará aberto o prazo de inscrición para as probas de acceso tanto a primeiro curso de grao elemental como ao primeiro curso de grao medio. As anotacións poden realizarse nas oficinas administrativas do Pazo da Cultura en horario de funcionamento do rexistro, de 11.00 a 13.30.

O proceso de inscrición e as probas desenvolveranse ao longo dos meses de maio e xuño, e o prazo de matrícula para o alumnado que consiga praza estará aberto desde o 30 de xuño ata o 15 de xullo.

Nos documentos adxuntos podedes consultar:

  • Calendario de acceso a grao elemental
  • Calendario de acceso a grao medio
  • Horarios das probas de acceso 
  • Normas de acceso a grao elemental
  • Normas de acceso a grao profesional
  • Normas xerais de acceso
  • Prazas vacantes en grao elemental
  • Prazas vacantes en grao medio

Descargas

Compartir: