Estudantes de clarinete dos conservatorios de Carballo e A Coruña participan nun intercambio musical

Un total de 36 alumnos/as actuarán o luns na capital da provincia e o martes no noso Pazo da Cultura

Sábado 5 de maio do 2018

Alumnado do CMUS nunha audición de frauta e clarinete

Alumnado do CMUS nunha audición de frauta e clarinete

Despois da satisfactoria experiencia de intercambio que se levou a cabo o curso pasado coa Escola Municipal de Música de Oleiros, o Conservatorio Profesional de Música de Carballo sigue fomentando as relacións e o troco de experiencias entre o seu alumnado e o de outros centros de ensino musicais da provincia. A vindeira semana realizarase un novo intercambio, desta volta entre estudantes de clarinete dos CMUS de Carballo e A Coruña. Serán en total 36 nenos e nenas, que o luns ofrecerán un concerto na capital da provincia e ao día seguinte farano no Pazo da Cultura de Carballo.

O obxectivo, segundo explicou a concelleira de Educación, Mar Eirís, é achegar ao alumnado experiencias enriquecedoras tanto no ámbito persoal coma no artístico, ademais de fomentar a convivencia e a colaboración entre os/as estudantes.

Este é o programa do concerto e os/as seus/súas intérpretes:

Grupo 1º G. Elemental Coruña (Adrián Prados, Celia Fernández , Diego Corbeira, Erea Pérez, Lucía Martínez Pazos, Laura Sobrino, María das Mercés Piñeiro)
Medieval Folk Song (Tradicional)
Clarinet Cha Cha (M. Walton)
Are you sleeping? (Popular)

Grupo Grao Elemental Carballo (Xoel Puga, Noah Quintela, Damián Veiga, Daniel Fraga e Dalia López)
When The Red, Red Robin Comes (Woods / arr. M. Walton)
Home on the Range (Tradicional / Arr. M. Walton)

Grupo 2º G. Elemental Coruña (Juan Martínez, Luca Pose, Manuel Amor, Manuel Lupiáñez, Martín Alvar e Nicolás Uzal)
La morisca (T. Susato)
Danza de Hércules (T. Susato)
The Drunken Sailor (Popular irlandesa)
Mamma Mia (B. Andersson)

Grupo Grao Profesional Carballo
(Claudia Rama, Fabián Vázquez, Xairo Campos e María Añón)
Capricho Andaluz (M. Rücker)
Rapsodie in Blue (G. Gershwin)
City Scenes (I. A Stroll in the City) (T.J. Thompson)

Grupo Grao Profesional Coruña (Ines Naya, Lilian Harriswangler, Luis Estévez, Marcos Moradillo, Mariña Iglesias, Mateo Vázquez, Patrícia Muradás, Sergio Carro, Sofia Dos Santos, Victoria Otero, Xoel Guimarey, Yasiel Liste-Contrabaixo e Anxo Fachal-Pandereta)
Puzta (J. van der Rost)

  1. Allegro molto
  2. Maestoso
Klezmer Suite (A. Cielsa)
  1. Itamar Freilach
  2. Hershel
  3. Doumka’s Freilach
Happy wanderer
Summertime

Compartir: