Inicio Áreas Educación Conservatorio Novas Oferta de prazas vacantes para as...

Oferta de prazas vacantes para as probas de acceso aos diferentes cursos dos graos elemental e profesional no CMUS

O prazo de inscrición remata o 11 de setembro

Mércores 6 de setembro do 2017

O Conservatorio Profesional de Música de Carballo realiza unha nova oferta de prazas vacantes para as probas de acceso a 2º, 3º e 4º cursos de grao elemental e a 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de grao profesional. Hai 2 prazas para piano, 2 para guitarra, 2 para trombón/bombardino/tuba e 1 para trompeta.

Os/as interesados/as deben inscribirse entre o 4 e o 11 de setembro para realizar os exames, que terán lugar o martes 12, ás 17 horas. Os contidos das probas poden consultarse nas respectivas programacións didácticas.

Os/as alumnos/as que obteñan praza terán que formalizar a matrícula entre o 13 e o 15 de setembro nas oficinas do Pazo da Cultura.

Compartir: