Inicio Áreas Educación Conservatorio Novas O Conservatorio Profesional de...

O Conservatorio Profesional de Música prepara o comezo do curso

Mércores 23 de agosto do 2017

Nova oferta de prazas vacantes para as probas de acceso aos graos elemental e profesional

O Conservatorio Profesional de Música prepara o comezo do curso

O Conservatorio Profesional de Música (CMUS) de Carballoxa quenta motores de cara ao inicio do curso 2017-18. Os exames extraordinarios de setembro celebraranse o día 6, ás 17 horas. Os/as alumnos/as que teñan pendentes varias materias deberán consensuar os horarios co profesorado o mesmo dia, e entre o 7 e o 15 de setembro terán que formalizar a matrícula nas oficinas do Pazo da Cultura.

Por outra banda, o CMUS realiza unha nova oferta de prazas vacantes para as probas de acceso a 2º, 3º e 4º cursos de grao elemental e a 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de grao profesional. Hai 2 prazas para piano, 2 para guitarra, 2 para trombón/bombardino/tuba e 1 para trompeta. Os/as interesados/as deben inscribirse entre o 4 e o 11 de setembro para realizar os exames, que terán lugar o martes 12, ás 17 horas. Os contidos das probas poden consultarse nas respectivas programacións didácticas. Os/as alumnos/as que obteñan praza terán que formalizar a matrícula entre o 13 e o 15 de setembro nas oficinas do Pazo da Cultura.

Compartir: