Instruccións da Secretaría Xeral de Educación para a aplicación do calendario do curso 2021-22

Calendario de fin de curso:

2.1  A actividade lectiva desenvolverase segundo o horario habitual establecido para o curso ata o 13 de maio, inclusive.

2.2  A avaliación final ordinaria, de ambos os dous graos, elemental e profesional, desenvolverase entre o 16 e o 20 de maio, en datas e horarios a determinar polos centros. En calquera caso, o proceso de avaliación, incluída a comunicación das cualificacións finais, deberá ter rematado o día 20 de maio.

2.3  O período comprendido entre o 16 de maio e o 10 de xuño dedicarase preferentemente á preparación das probas extraordinarias, e a actividades de apoio, reforzo, recuperación, ampliación e titorización. Así mesmo, durante o período comprendido entre o 16 de maio e o 30 de xuño os centros educativos poderán organizar actividades de carácter extraescolar.

2.4  As probas de acceso ao primeiro curso do grao profesional desenvolveranse a partir do día 23 de maio, e de acordo cos calendarios específicos a tal efecto elaborados polos centros.

2.5  As probas de acceso ao primeiro curso do grao elemental desenvolveranse a partir do 30 de maio, e de acordo cos calendarios específicos a tal efecto elaborados polos centros.

2.6  As probas para a concesión do premio de fin de grao nas ensinanzas profesionais de música e danza non se realizarán despois do 10 de xuño.

2.7  A proba extraordinaria será organizada polos centros educativos, e levarase a cabo do 13 ao 17 de xuño.

2.8  As probas de acceso a outros cursos do grao elemental e do grao profesional desenvolveranse no mes de xuño, a partir do día 20, e de acordo cos calendarios específicos a tal efecto elaborados polos centros.

Compartir: