Banda Municipal de Música

Banda Municipal de Música de Carballo

A Banda Municipal de Música de Carballo iniciou a súa andaina no ano 1984, dirixida por Vicente Pérez Planells. Dous anos despois cedería o testemuño a José Barros Sada para recuperalo no 1996 ata a súa xubilación, vinte anos despois. Desde o 2017 a agrupación está dirixida por Rafael Espido Lata. 

Desde a súa creación, a Banda Municipal de Música de Carballo ten realizado actuacións por toda Galicia e gravacións para a Radio Galega, ademais de editar no ano 1999 un disco con temas e estilos moi diversos. No ano 2000 gañou o concurso de Xoves Intérpretes da Xunta de Galicia cun concerto que se recolle nun disco publicado pola propia Xunta.

Na actualidade a agrupación está integrada por unha vintena de novos/as músicos/as da canteira do CMUS.

Vídeos



Galería

Compartir: