Préstamo de instrumentos

Condicións do préstamo

  • INFORME favorable do profesor sobre a preparación do alumno para a correcta montaxe e limpeza do mesmo. O profesor valorará o estado do instrumento obxecto do préstamo no momento da entrega e comprobará que o instrumento non sofre alteración algunha dende o inicio do préstamo.
  • Prestarase cando sexa necesario para o desenvolvemento das clases do centro e mentres non o precise outro alumno da especialidade.
  • O PRAZO de préstamo de fondo instrumental do CMUS será dende o día da solicitude ate o remate da actividade lectiva no mes de xuño.
Rescisión
  • Cando a Directiva do CMUS determine que outro alumno do centro precisa o instrumento.
  • Cando o alumno destinatario do préstamo cause baixa no CMUS.
  • Cando o profesor/titor detecte un mal emprego do instrumento prestado que cause danos ou danos do mesmo.
  • Cando o alumno non mostre interese nin aproveitamento do mesmo.
Compromiso
  • O préstamo de fondo instrumental do CMUS de Carballo é persoal e intransferible, non estando permitida a súa cesión a outra persoa, nin o seu emprego fóra do ámbito académico ou doméstico.

Descargas

Compartir: