"Bionic", da compañía Entremáns, pecha Primavera enDanza

Sábado 29 de abril do 2023 20.30 horas - Pazo da Cultura

Estaremos supeditados quizais á xerarquía da tecnoloxía? A e B compleméntanse, un tándem con mecanismos sólidos e funcionais, por momentos defectuosos. C é unha especie de software vivente que compón e descompón.

Neste encontro que nos propón a compañía galega Entremáns no espectáculo Bionic, o biolóxico e o artificial comparten territorio sen quebrantar a capacidade humana de sentir. O corpo convértese nun colector de vivencias, que desexa preservarse ante o inminente paso do tempo.

A compañía Entremans defínese polo seu traballo corporal expresivo e rítmico, cunha poética propia. Os seus creadores leva máis de trinta anos bailando e para eles o movemento revela o noso inconsciente desde o corpo.

  • Dirección, creación e interpretación: Armando Martén e Ana Beatriz Pérez.
  • Espazo escénico: Suso Montero
  • Iluminación: Octavio Mas.
  • Espazo sonoro e intervención: Ismael Berdei.
  • Ollo externo: Rut Balbís

Espectáculo da Rede Galega de Teatros e Auditorios.

  • Duración: 50 min
  • Público: adulto
  • Prezo da entrada: 4 € / 3 €

Ligazóns

Compartir: