Inicio Áreas Cultura Axenda A compañía de danza...

A compañía de danza Elahood presenta o espectáculo "Nó"

Venres 28 de abril do 2023 21.00 horas - Pazo da Cultura

Teño algo importante que dicir pero aínda non sei o que é. Esta frase é o punto de partida de Nó, o espectáculo que presenta a compañía galega Elahood nesta Primavera enDanza. Unha mesaxe contraditoria que Elahood nos anima a descifrar por nós mesmos. Onde reside a importancia do importante? A precariedade laboral ou a identidade de xénero transitan pola peza anticipando unha ruptura co preestablecido.

Nó é unha proposta de danza urbana desde a creación contemporánea cunha coidada linguaxe visual, que abraza a presenza do texto, a voz e a ironía.

  • Interpretación: Julia Laport, Sabela Domínguez.
  • Audiovisual: Iria Casal.
  • Escenografía: Anahí Taraburelli.
  • Espazo sonoro: LLXNTO e Bruno Baw.
  • Deseño de iluminación: Afonso Castro.
  • Dramaturxia: Gena Baaamonde e Elahood.
  • Coreografía: Julia Laport, Sabela Domínguez e Aina Lamas.
  • Dirección: Julia Laport, Sabela Domínguez e Kerick Sandy.
  • Coprodución co Centro Coreográfico Galego

Espectáculo da Rede Galega de Teatros e Auditorios

  • Duración: 65 min
  • Público: adulto
  • Prezo da entrada: 4 € / 3 €

Ligazóns

Compartir: