Inicio Áreas Educación Conservatorio Axenda Ampliado ata o 16 de maio o prazo de...

Ampliado ata o 16 de maio o prazo de solicitude das bolsas de carácter xeral para o curso 2022/23

Do mércores 30 de marzo ata o xoves 12 de maio do 2022

O sábado 10 de marzo publicouse no BOE a nova convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2022/2023. Modifícanse os prazos e o procedemento de xestión das solicitudes.

  • O prazo para presentar as solicitudes amplíase ata o 16 de maio, inclusive.
  • A presentación realizarase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación.
  • Nunha 1ª fase preténdese realizar as comprobacións económicas. As unidades de tramitación de bolsas revisarán os datos persoais e familiares necesarios para a comprobación da renda e patrimonio familiar e enviarán as solicitudes á Axencia Tributaria para o seu cálculo.
  • Nunha 2ª fase informarase os solicitantes do resultado das comprobacións económicas anteriores, dándolles un prazo para formular alegacións se procede.
  • Doutra banda, informarase tamén do procedemento e prazo para que poidan modificar a súa solicitude inicial, no relativo aos datos académicos.
A convocatoria de axudas para alumnos con necesidades específicas de apoio educativo publicarase despois da convocatoria xeral, a partir do mes de maio.

Ligazóns

Compartir: