Inicio Áreas Educación Conservatorio Axenda O tradicional Concerto de Nadal do CMUS...

O tradicional Concerto de Nadal do CMUS será online

Martes 22 de decembro do 2020 19.00 horas - Streaming

O Conservatorio Profesional de Música de Carballo ofrecerá o martes 22 o tradicional Concerto de Nadal. Pero este ano será diferente, porque só participará un/ha alumno/a por instrumento e ademais non haberá público no auditorio do Pazo da Cultura. Pero iso non significa que non poidamos gozar da música, porque o concerto será retransmitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Carballo e das páxinas de Facebook do Concello de Carballo e de Cultura Carballo.

No concerto participarán trombón, clarinete, trompeta, piano, saxofón, trompa, percusión, violonchelo, violín, guitarra, frauta, viola, oboe, guitarra eléctrica e acordeón. No programa figuran composicións de autores clásicos, temas populares e, por suposto, panxoliñas.

Compartir: