Inicio Áreas Cultura Axenda MJ Pérez, en concerto no...

MJ Pérez, en concerto no Verán Cultural

Venres 7 de agosto do 2020 21:30 horas - Rúa Jacinto Amigo

Ritmos latinos e músicas do mundo chegan esta semana a Carballo a través dunha das novas voces da música de autor galega, MJ Pérez, que presenta a súa cuarta produción, "A luz prendida". A artista continúa a contar historias dende un pundo de vista moi persoal, empregando máis humor e ironía neste novo disco, pero tamén dando espazo á loita e á reivindicación.

Normas de asistencia:

  • A acomodación do público será exclusivamente en cadeiras e o acceso será gratuíto e por orde de chegada ata completar aforo, abríndose 1 hora antes do inicio de cada actividade.
  • Os menores deberán estar acompañados por adultos.
  • A entrada e saída das instalacións realizarase de forma graduada, por circuítos diferenciados, mantendo a distancia de seguridade e unha vez abandonado o recinto non se permitirá volver a acceder.
  • Será obrigatoria a desinfección de mans e o uso de mascarilla para todos os asistentes.

Compartir: