Inicio Áreas Cultura Axenda Doce anos de pop-rock no festival Live...

Doce anos de pop-rock no festival Live in Cances

Venres 10 de novembro do 2017 22.00 horas - Centro Social de Cances

O programa Novembro con Música comeza con todo un clásico, o festival de pop-rock Live in Cances, que chega á súa 12ª edición convertido nun referente dos grupos locais afeccionados. O concerto, organizado pola Asociación Cultural San Campio coa colaboración do Concello de Carballo, reunirá nesta ocasión a tres agrupacións: dúas cunha traxectoria consolidada, como son Versión Imposible e Psychofonía, e outra que realizará en Cances o seu debut-presentación, Flying Knives.

Compartir: