Inicio Áreas Cultura Axenda "Brinde" pecha o Certame de...

"Brinde" pecha o Certame de Microteatro Metro Cadrado

Sábado 28 de outubro do 2017 11 a 14 e 18 a 21 horas - Taberna O Mexillón

Iria Sobrado será a encargada de pechar a primeira edición do Certame de Microteatro Metro Cadrado (M²) co seu espectáculo Brinde. Trátase dun interesante experimento no que a artista entra en “comuñón” cun espectador en cada quenda e durante dez minutos.

Os interesados en participar teñen unha cita na Taberna O Mexillón o sábado 28 de 11 a 14 h e de 18 a 21 h. Dada a limitación de aforo, recoméndase reservar previamente comunicando a hora na que se asistirá, así como o nome e contacto do participante no enderezo electrónico fiot.microteatroentrada@gmail.com.

Compartir: