Inicio Áreas Cultura Axenda Concerto infantil de Paco Nogueiras

Concerto infantil de Paco Nogueiras

Sábado 8 de xullo do 2017 11.30 horas - Praza dos Libros

O sábado volveremos a ter en Carballo a Paco Nogueiras para interpretarnos as cancións de "Brinca vai!", un libro para ler, ver e escoitar, con 12 cancións para os 12 meses do ano. Todas están compostas e interpretadas por Paco Nogueiras nun amplo abano de estilos musicais: techno, rock, folk, reggae ou música electrónica.

Compartir: