Xuntanza de voceiros municipais para falar da constitución dos Consellos Parroquiais

Luns 5 de setembro do 2016 Casa do Concello - 9.00 h.

Consellos Parroquiais

A Casa do Concello acolle a partir das 9.00 horas unha xuntanza dos voceiros municipais de todos os grupos da corporación para falar coa empresa responsable de coordinar a constitución dos Consellos Parroquiais, un proceso que leva desenvolvéndose nos últimos meses. O obxectivo é informar da situación actual do proceso e dos seguintes pasos que se van a dar dentro dos mecanismos de participación cidadá no municipio e para deseñar o calendario de constitución dos Consellos Parroquiais.

Compartir: