Inicio Áreas Cultura Axenda "Multiperspectivas#2", un...

"Multiperspectivas#2", un espectáculo de Paula Quintas

Sábado 13 de abril do 2024 20.30 horas - Pazo da Cultura

Multiperspectivas#2 é improvisación teatral, danza e circo, deixando espazo para a interacción co público. Unha proposta orixinal e innovadora que experimenta cos límites das artes escénicas para enfrontarse coa realidade do espazo que nos rodea.Unha instalación que parte da perspectiva do espectador como reflexión contemporánea, buscando novos puntos de vista e, polo tanto, de reflexión.

Desde hai 10 anos, Paula Quintas busca os límites do movemento en diferentes formatos. Nesta proposta presenta un espectáculo co-creado con artistas de danza e de circo no que o corpo, os obxectos, o tempo e o espazo son os soportes das artes performativas, co seus límites e confluencias.

Intérpretes: Paula Quintas, Arturo Cobas e Antón Coucheiro
Técnica de funambulismo: Stephanie Bouchard
Dirección e coreografía: Arturo Cobas e Rut Balbís
Co-Creación: Paula Quintas, Rut Balbís, Arturo Cobas e Antón Coucheiro
Duración: 40 min
Público: Adulto
Prezo da entrada: 5 € / 3 €
Rede Galega de Teatros e Auditorios

Ligazóns

Compartir: