Inicio Áreas Cultura Axenda De Vacas presenta "Rebovina Divas...

De Vacas presenta "Rebovina Divas Live"

Venres 14 de xullo do 2023 22.30 horas - Praza do Concello

O cuarteto De Vacas chega a Carballo coa súa nova xira, Rebobina Divas Live un paseo polas mellores voces femininas da música pop mundial das últimas décadas coa ollada humorística e irreverente desta formación. Inés Salvado, Faia Díaz, Paula Romero e Guillerme Fernández apostaron, desta vez, por unha coidada escenografía, coa mesma calidade artística de sempre.

Actuación incluída no programa Verán Cultural.
Acceso libre e de balde.

Compartir: