Inicio Áreas Cultura Axenda Tertulia sobre "Toponimia...

Tertulia sobre "Toponimia máxica de Carballo e Bergantiños"

Xoves 29 de xuño do 2023 20.00 horas - Espiral Maior Foro

A sede de Espiral Maior Foro (Rúa do Sol, 34) acolle a conferencia/tertulia titulada Toponimia máxica de Carballo e Bergantiños, que impartirá o escritor, profesor e investigador Fernando Cabeza Quiles.

Fernando Cabeza Quiles, con varias obras literarias e de investigación toponímica publicadas, está recoñecido como unha das grandes autoridades en toponimia de Galicia. Unha das súas últimas obras, Toponimia de Carballo, auspiciada pola Real Academia Galega, viu a luz no ano 2020, e xa é unha referencia universal a súa obra Toponimia de Galicia, con máis de 700 páxinas, publicada no ano 2008 pola Editorial Galaxia.

O acto é libre até completar o aforo e incluirá un coloquio entre o autor e o público asistente.

Compartir: