Inicio Áreas Cultura Axenda Debate sobre o presente e o futuro da...

Debate sobre o presente e o futuro da creación artística

Xoves 22 de xuño do 2023 20.00 horas - Espiral Maior Foro

O espazo cultural Espiral Maior Foro de Carballo (Rúa do Sol, 34) acolle unha tertulia/debate sobre Presente e futuro da creación artística. Participarán no acto a muralista Isa Bermúdez, a fotógrafa Sara Costas, o músico Jaime Regueiro, o pintor Tucho Caamaño, o sociólogo Santiago Pazos e o escritor e director de Espiral Maior Foro Miguel Anxo Fernán Vello.

Trátase de levar a cabo unha reflexión, dende diferentes perspectivas, sobre o estado actual da creación artística nas súas diversas expresións, dende a relación co público e coas institucións, a educación artística das novas xeracións ou, entre outros temas, a influencia que pode ter a denominada Intelixencia Artificial (IA) nas artes plásticas.

A exposición Entrecores do pintor carballés Tucho Caamaño foi visitada por máis de 400 persoas e permanecerá aberta até o 10 de xullo.

Compartir: