Inicio Áreas Cultura Axenda Caamaño & Ameixeiras traen o...

Caamaño & Ameixeiras traen o folk ao Novembro con Música

Venres 26 de novembro do 2021 21.00 horas - Pazo da Cultura

O grupo Caamaño & Ameixeiras, recentemente premiado co Martín Códax ao mellor grupo folk, presentará o seu novo traballo, Aire!, no auditorio do Pazo da Cultura. Este dúo está ligado á música e ao baile tradicional, que se resperesenta nest edisco Aire!, unha invitación a cantar e bailar grazas a sons  recoñecibles da música galega e das súas tradicións. As dúas integrantes, Sabela Caamaño (acordeón cromático) e Antía Ameixeiras (violín e voz), teñen como punto de partida a tradición para crear despois a súa propia linguaxe.
Entrada libre e de balde ata completar aforo.

Organiza: Concellaría de Cultura
Colabora: Deputación da Coruña

Compartir: