Inicio Áreas Cultura Axenda Culturactiva Producións...

Culturactiva Producións achéganos a música para escoitar en familia

Domingo 21 de novembro do 2021 18.00 horas - Pazo da Cultura

Como en case todos os programas da Concellaría de Cultura, en Novembro con Música estará presente tamén a oferta para o público familiar. Nesta edición contaremos con CULTURACTIVA PRODUCIÓNS co espectáculo desconcerto, unha aposta polo humor misturado coa música culta. A combinación de música, teatro, humor e moito ritmo ofrecerán unha imaxe amena e atractiva da música clásica e os seus compositores Bach, Beethoven, Mozart ou Rossini.

Entrada libre ata completar aforo.
Organiza Concellaría de Cultura
Colabora Deputación da Coruña

Compartir: