Inicio Áreas Cultura Axenda "Non máis guerras", un...

"Non máis guerras", un espectáculo pola paz dos Ratos de Lonxedetodo

Mércores 17 de novembro do 2021 17.00 e 18.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa

A gran Lilí Gruyére reflexiona co seu sobriño o rato Pillo sobre a guerra e as súas causas e vai realizar, coa colaboración de nenos e nenas, un experimento moi interesante. O resultado será o espectáculo "Non máis guerras", que volve a traer aos Ratos de Lonxedetodo á Biblioteca Rego da Balsa.

Público: nenos e nenas de 4 a 8 anos (unha persoa adulta, como máximo, por neno/a ou grupo de nenos/as conviventes).
Duración: 45 minutos
Reserva de entradas: dende unha semana antes no 981 75 85 80, en horario de 10 a 20 h.
A función retransmitirase por streaming (Facebook e Youtube da biblioteca, Cultura Carballo e Concello de Carballo).

Compartir: