Inicio Áreas Cultura Axenda Música, contos e títeres...

Música, contos e títeres para bebés con Animar-T

Luns 14 de outubro do 2019 18:00 horas - Ludoteca Municipal

A Tareixa o que máis lle gusta no mundo é ver xirar os seus muíños de vento, pero un día o vento desapareceu. Para resolver o misterio e conseguir que os muíños volvan xirar, decide emprender unha longa viaxe en compañía do seu curmán Breixo, onde coñecerá e axudará a moitas personaxes vivindo miles de aventuras. Finalmente, xunto aos seus amigos/as descobre que a contaminación é a culpable da desaparición do noso querido vento, e que aínda estamos a tempo de solucionalo.

Onde está o vento? é un espectáculo teatral para bebés de 1 a 3 anos de idade no que Animar-T Animación mestura á perfección contacontos, música en directo, títeres, pompas de xabón e un montón de sorpresas máis para desfrute dos pequenos/as da casa e das súas familias. Valo perder?

Público: Bebés de 1 a 3 anos
Entrada: Con convite
Organiza: Concello de Carballo e Ler conta Moito

Compartir: