Inicio Áreas Cultura Axenda María da Pontragha...

María da Pontragha encherá de humor, retranca e historias a Rúa dos Contos

Sábado 12 de outubro do 2019 21:00 horas - Café-bar Ranqui

Todos os pobos precisan contos que xustifiquen o seu xeito de pensar e actuar. E nós temos historias, a mancheas, cargadas de humor e retranca, que veñen de tempo atrás e que son infinitas e eternas.

E quen mellor para contalas que María da Pontragha, unha narradora das de sempre disposta a transmitir e entreter ao público co seu espectáculo A volta dos contos, unha auténtica viaxe pola tradición oral.

Público: Adulto
Entrada: Libre e de balde 
Duración: 60'
Organiza: AC Telón e Aparte
Colabora: Concello de Carballo

FIOT28 (Rúa dos Contos)

Compartir: