Xuntanza coa veciñanza e as asociacións para explicar o funcionamento do Regulamento de Participación Cidadá

Xoves 5 de maio do 2016 Fórum Carballo - 20.30h.

Fórum Carballo

O Fórum Carballo, situado na Praza dos Bombeiros Voluntarios s/n, acolle o xoves 5 de maio unha xuntanza á que están convocados e convocadas representantes de todas as asociacións do municipio. O obxectivo é informarlles dos mecanismos de funcionamento do Regulamento de Participación Cidadá, así como dos pasos que hai que dar para crear os Consellos Parroquiais recollidos no regulamento. O Convello convida a todas as persoas interesadas a asistir á xuntanza.

Compartir: