Inicio Áreas Cultura Axenda Mesa redonda: A cultura popular...

Mesa redonda: A cultura popular dixital... a onde nos leva?

Sábado 7 de maio do 2016 Fórum Carballo - 10.30h.

A xeración que viu nacer internet a finais do milenio pasado observa agora cómo a cultura dixital chega á súa adolescencia, e empeza a non entener de todo o que está pasando, así que ten varias preguntas que facerse ao respecto. Que cousas que esperabamos de internet se cumpriron? Cales non chegaron aínda? Cales chegaron e non contabamos con elas? Como mudou a nosa cultura neste tempo? Como vemos a rede de aquí a dez anos?

Falaremos do mellor e do peor de internet na tertulia matinal do sábado con Noel Ceballos, El Hematocrítico, Miriam Hernanz e Andreu Meixide.

+info no web do festival: <www.carballointerplay.com>.

Compartir: