Inicio Áreas Cultura Axenda Teatro e maxia para despedir o mes das...

Teatro e maxia para despedir o mes das Letras Galegas

Domingo 27 de maio do 2018 Ás 18:00 horas - Pazo da Cultura

O grupo carballés de teatro afeccionado Vagalume Animación pechará o domingo 27 un ciclo de actuacións teatrais, levadas a cabo en colaboración coa Concellería de Cultura dentro da programación das Letras Galegas. Nesta ocasión, os e as asistentes poderán gozar coa erepresentación da obra Viva o teatro que se representará nunha única función.

A continuación, o Mago Álex sorprenderá a nenos/as e maiores cun espectáculo de ilusionismo que non deixará indiferente a ninguén. Trucos, bromas e moitas risas para unha tarde de domingo en familia. 

Participación: Todos os públicos
Entrada: Libre con convite
Organiza: A.C. Vagalume

Compartir: