Benestar

Benestar

Departamento de Servizos Sociais
[Antigo Ambulatorio] 
Praza do Médico Eduardo Mariño, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 706

Bonos de desconto en comercios e cultura

Luns 17 de outubro do 2022

Bono Activa Comercio

Trátase dun bono desconto de 30 euros que se poderá descargar a través do móbil -na páxina web bonosactivacomercio.gal -  e empregar na lista de establecementos adheridos a esta iniciativa.

Poderase descargar o Bono Activa Comercio a partir do 24 de outubro e estará operativo ata o 31 de decembro de 2022. 

Bono Cultura

É un programa de descontos do 50 % na compra de produtos ou na utilización de servizos culturais. Subvenciona a compra de música gravada en CD ou vinilo, películas ou series en formato físico, libros ou videoxogos, entradas a calquera tipo de institución cultural (museo, casa-museo...), salas de cine, concertos de música e espectáculos escénicos, entre outras.

Os bonos terán un valor de 50 € por usuario para gastar nos distintos establecementos que se adhiran. As compras terán un desconto do 50 % ata esgotar o crédito.

A campaña 2022 comeza o 2 de novembro. Poderá facerse co bono calquera persoa maior de idade que teña a súa residencia en Galicia e a descarga estará activa a partir desa data a través da web www.bonocultura.gal, onde se emitirá en formato dixital a través dun código QR. O importe de cada compra reducirase nun 50 % ata esgotar o saldo do bono. O período de validez dos bonos será ata o 31 de decembro.

Compartir: