Benestar

Benestar

Departamento de Servizos Sociais
[Antigo Ambulatorio] 
Praza do Médico Eduardo Mariño, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 706

Últimos cursos de manexo do teléfono móbil antes das vacacións de verán

Luns 24 de abril do 2023

Nas vindeiras semanas celebraranse os últimos cursos de manexo do teléfono móbil antes das vacacións de verán. O prazo de inscrición está aberto de xeito permanente, e as próximas sesións organizanse naquelas parroquias nas que exista un número mínimo de solicitudes.

O calendario de cursos confirmados é o seguinte:

  • Centro social de Entrecruces: días 25 e 26 de abril e 2 de maio
  • Mercado municipal de Carballo: días 3, 9 e 10 de maio
As persoas interesadas aínda poden anotarse, ben no enderezo electrónico comunicacion@carballo.gal ou ben presencialmente na Biblioteca Rego da Balsa.

Compartir: