Benestar

Benestar

Departamento de Servizos Sociais
[Antigo Ambulatorio] 
Praza do Médico Eduardo Mariño, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 706

Becas Fundación Universia para estudantes universitarios con discapacidade 2022/2023

Martes 11 de abril do 2023

Fundación Universia convoca bolsas de 1.000 euros para estudantes con certificado de discapacidade de grao igual ou superior ao 33%, para así impulsar o seu acceso e progreso académico en igualdade de oportunidades. Este programa de bolsas promove a educación inclusiva e de calidade.

Poderán solicitar estas axudas económicas aqueles estudantes españois ou estranxeiros residentes en España que:

  1. Acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33%.
  2. Atópense matriculados, durante o curso 2022/2023, nalgúns dos programas formativos de escolas/universidades españolas expostos de seguido:
    • Grao Universitario - Máster Universitario.
    • Doutoramento.
    • Títulos propios universitarios.
    • Cursos de especialización superiores ou cursos de experto universitario.
    • Idiomas. Aínda que para esta formación esixirase que o Solicitante sexa estudante ou egresado dun ensino superior.
    • Formacións relacionadas coa cultura e o deporte.
    • Preparación de oposicións. Neste caso, deberá o Solicitante atoparse matriculado ou en condición de matricularse nunha academia especializada na preparación de oposicións.
    • Ciclo formativo de grao medio e superior.
    • Outras experiencias educativas no ámbito da educación superior a proposta do Solicitante.
  3. Non fosen beneficiarios dun programa de bolsas de Fundación Universia durante o curso 2022/2023.

Presentaranse únicamente por vía telemática cumprimentando o formulario e adxuntando a documentación adicional en formato Word.doc ou Adobe Acrobat.pdf. O prazo está aberto do 27 de marzo ao 27 de abril de 2023.

MÁIS INFORMACIÓN

Correo electrónico: becas.fundacion@universia.net
Teléfonos: +34 91 289 56 03 (Horario de luns a xoves de 9:00 a 14:30 e de 15:30 a 18:00 e os venres de 9:00 a 15:00 horas).

Ligazóns

Compartir: