Estadías nas residencias de tempo libre
Mércores 25 de maio do 2022
- Decreto 84/2012 do 16 de febreiro, polo que se establecen os prezos públicos polas prestacións das residencias de tempo libre.(DOG nº 44 do 02/03/2012). Modificado polo Decreto 65/2016, do 2 de xuño (DOG nº 112 do 14/06/2016)
- Orde do 4 de xuño de 2013 pola que se actualizan os prezos públicos determinados no Decreto 84/2012, do 16 de febreiro, polo que se establecen os prezos públicos polas prestacións das residencias de tempo libre.(DOG nº 109 do 10/06/2013)
- Orde do 10 de maio de 2022 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de estadías e servizos nas residencias de tempo libre adscritas á Consellería de Política Social no ano 2022. (DOG nº 96 do 19/5/2022)
Obxecto
Convocar o procedemento de adxudicación de estadías e servizos nas residencias de tempo libre de Panxón-Nigrán (Pontevedra) e O Carballiño (Ourense), respectivamente, e adscritas á Consellería de Política Social.
Tipo de servizo
Os servizos que se prestan nestas residencias no ano 2022 comprenderán o aloxamento e o mantemento en réxime de pensión completa durante a quenda adxudicada ás persoas beneficiarias residentes, como se indica:
- Servizo de aloxamento: inclúe a limpeza diaria.
- Servizo de comedor: en réxime de pensión completa que comprende o almorzo, o xantar e a cea.
Quendas
Cada unidade familiar poderá solicitar estadías para calquera das dúas residencias de tempo libre adscritas á Consellería de Política Social e para unha ou varias quendas que se detallan no anexo III.Para os efectos desta orde, enténdese por unidade familiar a formada pola/s persoa/s adulta/s e, de ser o caso, as fillas e os fillos e persoas maiores que convivan coa persoa solicitante. Asimesmo, terán a consideración de fillos e fillas as persoas en situación de garda con fins adoptivos e en acollemento familiar.
Documentación
- Solicitude| Presentación electrónica na sede. Non se admitirán as solicitudes que inclúan persoas que gozaron dalgunha quenda na mesma residencia nalgunha das duas convocatorias anteriores.
- Copia do/dos libro/s de familia ou certificación de nacemento do rexistro civil de cada unha das/dos fillas ou fillos que se beneficien da estadía.
- Certificado de convivencia ou de empadroamento conxunto de todas as persoas integrantes da unidade familiar. Estes xustificantes deberán ter unha antigüidade máxima de 6 meses.
- Copia do título de familia numerosa, de ser o caso, só no suposto de ser expedido por outra Administración pública.
- Copia da resolución administrativa de garda con fins adoptivos ou acollemento familiar, de ser o caso, só no suposto de ser expedida por outra Administración pública.
- Certificado de discapacidade das persoas solicitantes e/ou dos/das acompañantes, de ser o caso, só no suposto de ser expedido por outra Administración pública, para os efectos de aplicar os descontos previstos na normativa que regula os prezos públicos.
- Copia do certificado de monoparentalidade, de ser o caso, só no suposto de ser expedido por outra Administración pública.
- Documentación acreditativa da condición de vítima de violencia de xénero por calquera dos medios previstos no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
- Anexo II sobre comprobación de datos de terceiras persoas interesadas, de ser o caso.
- Preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es Presentación electrónica na sede.
- Nos lugares dispostos na normativa de procedemento administrativo.
- As solicitudes dirixiranse á Xefatura Territorial de Ourense, no caso de solicitar as estadías e servizos na residencia de tempo libre do Carballiño, e á Xefatura Territorial de Vigo, no caso de solicitar as estadías e servizos na residencia de tempo libre de Panxón. Para o caso de solicitar estadías e servizos en ambas as dúas residencias, estas poderán dirixirse a calquera das anteditas xefaturas territoriais. No caso de que se soliciten estadías e servizos para ambas as residencias, resolverá a xefatura territorial correspondente á cada unha das residencias. No caso de ser admitido nas dúas residencias na mesma quenda, terase en conta a orde de preferencia indicada na solicitude.
Dez días hábiles desde o día seguinte da publicación desta orde no DOG. Ata o 2 de xuño de 2022.